Aviso Legal
Titularidade
O titular é o PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA
CIF: G28477727
ua do Pino, 1 - 9 Baixos
Santiago de Compostela
Rexistro de partidos políticos, 17 de febreiro de 1977, Folio 57, Tomo I do Libro de inscricións
Datos de contacto do delegado de protección de datos:
Correo de protección de datos: protecciondedatos@psoe.es
Correo do delegado de protección de datos: delegadoprotecciondatos@psoe.es
CONDICIÓNS DE USO
O usuario comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos que o PSOE ofrece a través do seu sitio e entre outros obrígase a non empregalos para:
I. incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
II. difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, homófobo, pornográfico-ilegal, de apología do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou calquera outra forma de discriminación non permitida pola nosa lexislación.
III. provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do PSOE, dos seus provedores ou de terceiras persoas; introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptíbeis de provocar os danos anteriormente mencionados.
IV. intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico de outros usuarios e/ou modificar ou manipular os seus mensaxes.
DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL E OUTROS DEREITOS
Todos os elementos que forman este sitio web, así como a estrutura, deseño e código fonte do mesmo, e os elementos contidos nel (a título enunciativo: imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso), son titularidade do PSOE e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.
Todos os dereitos están reservados. Os usuarios do sitio web únicamente poderán realizar un uso privado e persoal dos contidos deste. O usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial titularidade do PSOE. Poderá visualizar os elementos do site e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico.
Está absolutamente prohibido o uso do sitio web ou de algunha dos seus elementos con fins comerciais ou ilícitos. O PSOE non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido do sitio web e poderá exercitar todas as accións civís ou penais que lle correspondan en caso de infracción destes dereitos por parte do usuario.
O PSOE resérvase o dereito a realizar cambios no sitio web sen previo aviso, co obxecto de manter actualizada a súa información, engadindo, modificando, corrixindo ou eliminando os contidos publicados ou o deseño do portal.
LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN
A lexislación aplicable é a española e para a resolución de calquera tipo de controversia que se puidera derivar da utilización deste sitio web, así como da inscrición que se puidera realizar a través del, declárase como xurisdición competente aos Xulgados e Tribunais de Madrid.