Besteiro aposta pola combinación deporte - natureza como motor económico do turismo sostible en Galicia

Besteiro aposta pola combinación deporte - natureza como motor económico do turismo sostible en Galicia

7/2/24

7/2/24

7/2/24

O Partido Socialista apoiará o turismo responsable e a Economía Azul, un modelo que pon no centro o respecto ao medio ambiente e desestacionaliza o turismo

 

Apoiará a creación cun Centro de Alto Rendemento de Surf en Pantín (Valdoviño), que promoverá como capital mundial deste deporte

 

“Estamos en liña coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, eses que tanto lle molestan ao PP e ao seu socio Abascal”

 

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou “o papel do deporte como motor de desenvolvemento económico vinculado ao turismo sostible”. O candidato socialista comprometeuse a apostar de maneira firme por levar a cabo políticas que potencien a combinación de “deporte e natureza” na promoción dun novo modelo turístico que favoreza a creación de emprego de calidade e a fixación de poboación ao territorio.

 

“O Partido Socialista apoiará o turismo responsable e a Economía Azul, un modelo que pon no centro o respecto ao medio ambiente e estende a chegada de visitantes ao longo de todo o ano”, afirmou.

 

Besteiro fixo estas declaracións no marco dunha visita ao concello de Valdoviño, municipio de referencia no surf a nivel internacional. Con 25 quilómetros de litoral e 17 praias, nesta localidade pódese desenvolver o surf durante os 12 meses, o que lle outorga unhas características privilexiadas para este deporte. As praias de Frouxeira e Pantín acollen as dúas probas máis importantes a nivel nacional: o campionato de España de Surf e o Pantín Classic, proba do circuíto mundial desde hai 35 anos. O peso do surf en Valdoviño favorece a actividade de 15 empresas, o que contribúe á desestacionalizar o turismo e ao desenvolvemento económico do municipio.

 

Acompañado do alcalde, Alberto González, dos membros da candidatura pola Coruña, Patricia Iglesias e Aitor Bouza, así como coa presenza de empresas e escolas vinculadas ao surf, Besteiro puxo a Valdoviño como exemplo de  “aposta por un turismo sostible” e lembrou que “os socialistas estamos en liña coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, eses que tanto lle molestan a Abascal, o socio do PP”.

 

Así, enxalzou un modelo que aproveita os recursos da zona e dá conta da importancia que o deporte de natureza pode ter para revitalizar zonas rurais, cun turismo desestacionalizado e respectuoso co medio ambiente. Porén, reafirmou o seu compromiso “con desenvolver políticas públicas no ámbito do deporte coas que abordar o reto demográfico e xerar máis e mellor emprego”. Nesta liña subliñou que “o surf é deporte olímpico e Galicia pode ser unha potencia, como imos facelo no trail, ciclismo, escalada ou trekking, entre outros”, explicou.

 

“Temos no deporte unha aliado clave”, remarcou, lembrando que “o deporte é unha actividade de interese xeral e un importante facilitador do desenvolvemento sostible, ao que se suma a súa contribución á saúde, a igualdade real entre home e mulleres, a educación, inclusión social e o desenvolvemento das comunidades e loita contra o cambio climático”.

 

Precisamente, o candidato socialista comprobou como en Valdoviño varias asociacións deportivas da localidade realizan iniciativas a prol da eliminación da contaminación mariña en colaboración co Concello.

 

Así mesmo, Valdoviño tamén é un referente a nivel mundial por facer accesible o surf ás persoas con discapacidade, pois Pantín acolleu o campionato europeo de seleccións paralímpicas e o Pantín Classic é un dos poucos campionatos do circuíto oficial nos que os premios son iguais para homes e mulleres. “Os socialistas apostamos polo deporte inclusivo e o que se fai neste municipio é o camiño que seguiremos desde a Xunta”, sinalou

 

Centro de Alto Rendemento

 

Besteiro aproveitou a súa visita a Valdoviño para comprometer o seu apoio á creación na localidade dun Centro de Alto Rendemento de surf, “porque queremos facer deste concello a capital mundial deste deporte”.

 

Así mesmo, remarcou que “os socialistas imos traballar para seguir avanzando en proxectos que promovan e poñan en valor a actividade deportiva, así como para crear novos espazos de formación en deporte e outras infraestruturas deportivas de uso turístico”. “Xestionaremos o Centro de Alto Rendemento co Consello Superior de Deportes e será unha realidade baixo un Goberno socialista na Xunta”, concluíu.

Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos