Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"
Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"
O candidato socialista á Presidencia da Xunta comprométese a artellar unha “alternativa real e segura co nome do PSdeG” dende a oposición no Parlamento de Galicia
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reafirmou hoxe o seu “compromiso inquebrantable con Galicia”. Logo das eleccións do 18F, Besteiro confirmou que traballará dende a oposición no Parlamento de Galicia “para traer a Galicia as mellores oportunidades” e dende unha “política útil traballando por unha Galicia mellor”.
O candidato socialista agradeceu o apoio recibido pola cidadanía na convocatoria electoral e avogou por consolidar dende a oposición unha “alternativa real e segura co nome do PSdeG” a través dun “proxecto recoñecido dende Galicia”. Ratificou a súa aposta pola “política de proximidade, de maioría, que soluciona os problemas dos galegos e das galegas”.
Anunciou un traballo “moito máis profundo” na procura de “máis empregos, dereitos e oportunidades” para o país porque, puntualizou, “ningún cambio é fácil nin se consegue da noite para a mañá”. Besteiro recoñeceu que “non foron os resultados que agardabamos”, e confirmou que esta mesma noite trasladoulle ao candidato do PP a súa felicitación en nome dos socialistas galegos polos resultados nas eleccións de hoxe.
Agradeceu tamén o comportamento da cidadanía galega e dos votantes, aos que lles pediu que “manteñan viva a forza da ilusión que tivemos na campaña” electoral para artellar a oposición e “conseguir mellores resultados no futuro e impulsar o cambio para Galicia”.
Relacionadas
Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”
Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”
Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio
Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio
Besteiro reafírmase no seu proxecto de “máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país” despois de “16.000 km” percorridos na campaña
Fai balance de 15 días cunha “campaña positiva, pensando no futuro e no cambio ilusionante e seguro” en Galicia da man do PSdeG