Besteiro reafírmase no seu proxecto de “máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país” despois de “16.000 km” percorridos na campaña

Besteiro reafírmase no seu proxecto de “máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país” despois de “16.000 km” percorridos na campaña

16/2/24

16/2/24

16/2/24

O candidato socialista fai balance de 15 días cunha “campaña positiva, pensando no futuro e no cambio ilusionante e seguro” en Galicia da man do PSdeG

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, destacou este último día de campaña que “despois de percorrer 16.000km nas catro provincias galegas durante a última quincena “a mensaxe que estamos mandando os socialistas de máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país non fixo máis que confirmarse en cada día de campaña”, apuntou.

Besteiro ofreceu declaracións aos medios antes de facer un reparto electoral no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, acompañado de diversos membros da candidatura socialista na provincia e da agrupación local. Fixo balance do que foi “unha campaña positiva, pensando no futuro e nese cambio do 18 de febreiro”, sendo que o balance da mesmo fíxolle “reafirmar varias ideas que tiña antes da campaña”.

Nestes días finais, Besteiro poñer o foco “nas propostas que se basean en máis emprego, máis acordos e máis reindustrialización, en salarios máis dignos, que sexan iguais para homes e para mulleres, en apostar pola sanidade pública e decididamente pola igualdade de xénero”.

Así mesmo, invita aos galegos e ás galegas a que “ao cambio ilusionante e seguro” que ofrece o Partido Socialista, polo que remarcou que son sinónimo de “estabilidade, de xestionar ben as oportunidades que virán durante os vindeiros anos”, e alertou que “moitas delas están en Galicia, pero moitas delas están fóra de Galicia e non as podemos perder, están en Madrid, en España e en Europa”.

O candidato está seguro de que “o Partido Socialista imos estar presente no cambio de pasar páxina da falta de ambición e de proxecto do PP” e que sexa un cambio para mellor con “máis ilusión e con proxecto” para o país. Así mesmo, reivindicou “o compromiso” do Goberno de España con Galicia “hoxe e mañá”, que se manifestou especialmente nesta campaña co propio Pedro Sánchez que intervirá no mitin de peche esta tarde na capital galega, así como co gran número de ministros que acudiron á comunidade galega nos últimos 15 días.

“QUE SEXA O ÚLTIMO VENRES NEGRO”

O candidato socialista tamén tivo unha referencia ao “Venres Negro” número 300, que coincide con este último día de campaña. Besteiro agarda “que este venres negro sexa o último” no que os traballadores da CRTVG teñen que protestar e que “despois do 18 de febreiro esa situación se normalice co cumprimento da Lei de Medios Públicos e é o que os socialistas imos defender.


Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos