Besteiro comprométese a completar a educación gratuíta a tódolos niveis incorporando a primeira matrícula dos másteres e das asignaturas de grao

Besteiro comprométese a completar a educación gratuíta a tódolos niveis incorporando a primeira matrícula dos másteres e das asignaturas de grao

2/1/21

2/1/21

2/1/21

O candidato socialista analiza cos tres reitores galegos a proposta “realista e viable” de levar a toda Galicia unha medida, o pago da primeira matrícula de grao, que puxo en marcha hai dez anos en Lugo dende a Deputación Provincial

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou a proposta do PSdeG para financiar a primeira matrícula dos másteres, que se sumará á primeira matrícula nas asignaturas de grao. Logo dunha xuntanza cos tres reitores das universidades galegas, Besteiro comprometeuse a completar a educación pública gratuíta a tódolos niveis.

Besteiro presentou unha proposta “realista e viable” para garantirlle ao Sistema Universitario de Galicia -SUG- os fondos necesarios para implantar o primeiro máster para os alumnos e alumnas universitarios, que tería un custe de en torno aos 4 millóns de euros e que se suma á proposta socialista de asumir a primeira matrícula de grao gratuíta, cun custe estimado de 18 millóns, o que fai un total de 22 millóns de euros.

Apostou por incrementar o financiamento estrutural das universidades, cumprindo coa Lei do Sistema Universitario, que fixa que en 2030 o financiamento acade o 1 por cento do PIB, xa que actualmente o financiamento do SUG supón un 0,9 por cento.

Explicou que para que a gratuidade das matrículas non afecte ao financiamento universitario, o custe da medida non será utilizada para o cálculo da porcentaxe de PIB do financiamento público universitario. Ademais, asegurou unha modificación no modelo de xestión dos fondos cara unha práctica xestión “áxil, eficiente e efectiva” dos recursos dispoñibles

O candidato socialista defendeu a proposta de implantar a primeira matrícula universitaria gratuíta que os socialistas teñen reclamado dende hai anos no Parlamento de Galicia, a última vez no derradeiro Debate do Estado da Autonomía, cando o PP votou en contra da proposta. Lembrou que esta medida xa fora aplicada dende a Deputación no Campus de Lugo hai dez anos, e sinalou que “é bo que Rueda copie agora esta medida socialista”.

Propuxo modificar a regulación das ensinanzas universitarias oficiais de grao e máster universitario cun novo decreto consensuado coas universidades e derrogando o actual. Desta forma fixaría as condicións de implantación, mantemento e impartición dos títulos nos diferentes campus, incrementando a responsabilidade e a autonomía das universidades sobre a súa oferta académica.

Docencia dual

Gómez Besteiro apostou por impulsar os itinerarios de docencia dual tamén nos graos e másteres universitarios, sinaladamente os que están relacionados cos sectores produtivos, simplificando a súa tramitación e xestión, e incentivando a participación das empresas. Este modelo só está a ser aplicado neste momento en Enxeñería Eléctrica no Campus Industrial de Ferrol e o próximo curso comezará Enxeñería da Automoción no Campus de Vigo.

Na xuntanza de hoxe tamén defendeu reclamar a transferencia a Galicia da xestión das bolsas universitarias, así como incrementar as axudas para a realización dos programas de especialización. Explicou que o obxectivo é aliviar ás familias galegas dun gasto que en moitas ocasións queda fora do seu alcance, facendo que milleiros de estudantes capacitados queden sen formar.

Besteiro anunciou que o seu goberno contará cunha Consellería integrada de Universidades, Ciencia e Innovación, así como unha axencia que agrupe os investimentos en innovación e promoción económica.

Ademais, comprometeuse a consensuar unha nova Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no primeiro ano de mandato e a impulsar un Pacto Galego pola Ciencia e a Innovación, co obxectivo de incrementar o investimento en I+D+i, incorporar a carreira científica e un plan de captación de talento.

Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos