Besteiro comprométese a "desbloquear" a dependencia e "mudar os bonos electoralistas por dereitos recoñecidos"

Besteiro comprométese a "desbloquear" a dependencia e "mudar os bonos electoralistas por dereitos recoñecidos"

8/2/24

8/2/24

8/2/24

O candidato socialista á Presidencia da Xunta anuncia un Plan de residencias para persoas maiores con prezos xustos e atención personalizada

Mantén un encontro con máis de 80 colectivos sociais da Coruña xunto coa alcaldesa Inés Rey, que pon como exemplo de xestión para toda Galicia

A Coruña, 08 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse hoxe na Coruña a “desbloquear” os servizos de atención á Dependencia e a mudar os “bonos electoralistas e insuficientes” por “dereitos recoñecidos”. Así o dixo nun encontro con máis de 80 colectivos sociais da cidade xunto coa alcaldesa Inés Rey, á que puxo como exemplo de xestión dos Servizos Sociais para toda Galicia.

Aludiu ao bono coidado, que o Colexio de Traballo Social de Galicia cualificou de “trampa” e “publicidade enganosa”, que non é unha nova prestación, senón unha actualización de contías obrigada por Lei, ou o bono residencia.

Gómez Besteiro comprometeuse a incrementar os recursos para a atención á Dependencia para cumprir co prazo de 6 meses fixado por Lei que é sistematicamente incumprido polos gobernos do PP dende hai 15 anos. Lembrou que segundo a Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma que menos gasto asigna á Dependencia.

Apostou por aproveitar que Galicia está a recibir máis financiamento estatal que nunca, pero continúa á cola do Estado en investimento polo desleixo do PP, que quere boicotear un dereito fundamental para a vida das persoas.

O candidato socialista agradeceu o traballo das asociacións, que en moitas ocasións vense obrigadas a suplir a falla de recursos da Xunta en servizos que deberan estar incluídos dentro da carteira de servizos sanitarios. Subliñou que as entidades da Coruña non só atenden á cidade, senón que teñen que estender a súa tarefa aos veciños da área metropolitana, como exemplo de solidariedade ante a falla de equipamentos sociais.

Gómez Besteiro deulle un “suspenso clarísimo” á Xunta en materia de redución da pobreza e da exclusión social, logo de suprimir a Tarxeta Básica de axuda á adquisición de produtos básicos sen ofrecer alternativa. Comprometeuse a repoñer a Tarxeta Básica dentro dun Plan de actuación contras a pobreza e a exclusión social con orzamento, prazos e medidas concretas, incorporando axudas á vivenda para familias vulnerables.

Defendeu a reforma da Lei de Inclusión Social de Galicia e as súas prestacións para adaptalas á nova situación xerada logo da posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital, como figura na Axenda Social Única consensuada coa Fegamp e o terceiro sector. O candidato socialista acusou á Xunta de incumprir o seu compromiso e defendeu unha nova redacción que simplifique a xestión das Axudas de inclusión e conecte o IMV coa Risga.

Residencias

Gómez Besteiro presentou o seu programa de Servizos Sociais, que inclúe un Plan de Residencias para maiores con prezos xustos e atención personalizada, que permitiría ademais crear riqueza e emprego nos concellos, e dotando á atención domiciliaria de máis recursos. Criticou que a Xunta respondera ás denuncias de filtracións das inspeccións ás residencias atacando aos inspectores, e comprometeuse a reforzar estes equipos.

Anunciou que con el como presidente, a Xunta asumirá a maior parte do custe do Servizo de Axuda no Fogar, unha competencia autonómica que o PP ten descargado nos concellos sen incluír o financiamento necesario. Tamén comprometeuse a elaborar un Plan de erradicación da pobreza infantil.

Os socialistas galegos destinarán un mínimo dun 1 por cento do Orzamento consolidado da Xunta ás políticas específicas de igualdade e contra a violencia contra a muller, creando ademais o Instituto Galego da muller. Este organismo, responsable da defensa da igualdade entre homes e mulleres, foi “fulminado” polo PP no ano 2010, e anunciou a posta en marcha nas catro provincias dos centros de crise 24 horas de atención integral ás vítimas de violencia sexual.

Gómez Besteiro interveu diante das asociacións do tecido social e sociosanitario da Coruña, que traballan no eido da Dependencia, dos maiores, menores, saúde mental, condutas aditivas, persoas en risco de exclusión, acollemento, igualdade ou discapacidade. Salientou o esforzo modélico do Concello da Coruña na xestión dos servizos sociais, destinando 4,6 millóns de euros en convenios na área para axudar ata ao último veciño en situación de dificultade.


Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos