Besteiro comprométese a que no seu primeiro mandato Galicia alcance o 2% do PIB en inversión I+D, superando así a media nacional e alcanzando á europea

Besteiro comprométese a que no seu primeiro mandato Galicia alcance o 2% do PIB en inversión I+D, superando así a media nacional e alcanzando á europea

8/2/24

8/2/24

8/2/24

Compromiso que suporía poñer o país na senda para alcanzar un investimento do 3% do PIB para o ano 2030.

Participou nun encontro que promoveu para falar sobre ciencia e muller coa ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant, e cun amplo grupo de científicas da asociación “La Ciencia es Femenino”.

Encontro no que reivindicou ás mulleres científicas galegas e reclamou “máis mulleres que investiguen no noso país porque a súa visión é clave dentro dun sector que nos fai camiñar cara a un mundo máis xusto”

A Coruña, 08 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou o seu compromiso para que no seu primeiro mandato “Galicia alcance o 2% do PIB en inversión I+D, superando así a media nacional e alcanzando á europea”. Un obxectivo que en palabras do candidato “suporía poñer o país na senda para alcanzar un investimento do 3% do PIB en I+D para o ano 2030”.

Tamén anunciou a posta en marcha dun Programa Galego de Captación do Talento Científico para favorecer a incorporación das doutoras e doutores aos centros de investigación, dándolles estabilidade e evitando que as investigadoras e investigadores “teñan que fuxir de Galicia ou abandonar e investigación”.

Besteiro realizou esta proposta co fin de dar resposta a unha das principais demandas do colectivo investigador galego, composto na súa maioría por mulleres. O obxecto principal é evitar que, como sucede actualmente, sexan contratadas como persoal de apoio e non como investigadoras, posto que isto ás exclúe dos proxectos de investigación e devalúa os seus currículums.

O candidato socialista participou esta tarde no museo Domus da Coruña nun diálogo sobre ciencia e muller coa Ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant, e cun grupo amplo de científicas da asociación La Ciencia es Femenino. O acto, que tamén contou coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, tivo lugar no marco das actividades polo 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

No encontro, reivindicou o papel dás mulleres científicas galegas e engadiu que “necesitamos máis mulleres que investiguen e innoven no noso país porque a ciencia e a innovación son estratéxicas para seguir camiñando cara a un mundo máis xusto, solidario e igualitario e neste obxectivo a súa visión é fundamental”.

Besteiro criticou a paralización das políticas de incorporación das mulleres ao sector da Ciencia e Investigación durante os quince anos de goberno do PP e alertou do desinterese da Xunta pola perspectiva de xénero nas políticas de I+D+I. Sinalou que “non consideran a incorporación da muller como un obxectivo estratéxico, nin marcan accións específicas para aumentar a presenza de mulleres no ámbito investigador privado e público”.

Salientou que “os socialistas aplicaremos verdadeiras políticas que promovan a igualdade de xénero na investigación, incluíndo medidas para combater nesgos de xénero na contratación, promoción e remuneración das científicas”. Lembrou que, a pesar de que o persoal investigador en España está composto por mulleres no 42%, esta porcentaxe non se ve reflectida nos ámbitos directivos e hai unha importante falla de xefas de grupo en áreas como matemáticas, economía ou socioloxía debido á coñecida como “tesoira invertida” que se produce tras o doutorado.

José Ramón Gómez Besteiro incidiu en que “avanzar na igualdade real no sector da ciencia non é unha cuestión de xustiza, senón de necesidade” e asegurou que “combater as fendas de xénero neste ámbito será unha prioridade para o próximo Goberno Socialista na Xunta de Galicia”.

Comprometeuse a crear redes de apoio e mentoría para mulleres científicas en Galicia co fin de fomentar o seu desenvolvemento profesional e facilitar a súa permanencia na investigación, así como a implementar accións concretas para eliminar as barreiras estruturais e culturais que impiden o avance das mulleres na ciencia, tecnoloxía, enxeñería e investigación.

Anunciou, así mesmo, o impulso de medidas dirixidas a adaptar a vida profesional das mulleres científicas que permita a conciliación, adaptando os horarios docentes e laborais. Tamén valorou a promoción da diversidade e a inclusión en todos os niveis do sistema científico galego.

Besteiro lembrou que un futuro goberno encabezado polo PSdeG contará cunha Consellería integrada de Universidades, Ciencia e Innovación, así como cunha axencia que agrupe os investimentos en innovación e promoción económica. Ademais, comprometeuse a aprobar unha nova Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no primeiro ano de mandato que teña verdadeiramente en conta o papel da muller no sector e co compromiso de incrementar o investimento en I+D.

A ministra de Ciencia do Goberno de España, Diana Morant, chamou a “garantir o futuro dos mozos e mozas con Besteiro”, xa que remarcou que cun eventual goberno socialista na Xunta elevarían a inversión en I+D+i ata o 2%, case dobrando o investimento actual co que Galicia está á cola do Estado. Puxo en valor que Besteiro é o candidato que “vai apostar polo coñecemento e as universidades”.

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey salientou que a cidade herculina é a que ten máis museos científicos de toda España e afirmou que cun goberno da Xunta presidido con Besteiro poderán trasladar esa potencia científica do ámbito municipal ao ámbito autonómico.

A presidenta da Asociación “La ciencia es femenino”, Ariana Fernández, puxo en valor a necesidade de ter referentes femininos no mundo da Ciencia, entre as que destacou a Ángeles Ruiz e Ángeles Alvariño, que sirvan de inspiración para que outras mulleres novas saiban que poden dar o paso.


Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos