Besteiro destaca que co vindeiro goberno socialista na Xunta “rematará a tomadura de pelo aos veciños de Ulla-Umia” na atención primaria

Besteiro destaca que co vindeiro goberno socialista na Xunta “rematará a tomadura de pelo aos veciños de Ulla-Umia” na atención primaria

2/1/24

2/1/24

2/1/24

O candidato á Xunta do PSdeG mantén unha reunión con alcaldes e voceiros da comarca na que se comprometeu a que “Caldas teña por fin o centro de saúde que necesita”

Tamén apunta a necesidade de ordenar o chan industrial para ofrecer “novas oportunidades e non frear o crecemento da comarca”

Besteiro chamou a mobilizar aos votantes socialistas para replicar “o método Caldas”, onde os socialistas van cumprir 45 anos gobernando o concello

Caldas de Reis, 2 de febreiro de 2024. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este venres un encontro con alcaldes e voceiros socialistas da comarca do Ulla – Umia de cara ás eleccións galegas na que destacou que co vindeiro goberno da Xunta que el liderará “rematará a tomadura de pelo aos veciños” da comarca na atención primaria.

Besteiro afondou especialmente no relativo ao centro de saúde prometido en Caldas de Reis polo goberno galego e co que “andan mareando a perdiz, mentres prexudican aos veciños e veciñas no día a día”. “Xa van 9 parcelas que o concello ofreceu á Xunta e non aceptaron ningunha, porque van en contra de todos os que non lles votan, esa é a política sectaria do PP que vai rematar”, remarcou. O candidato socialista comprometeuse a que “Caldas teña por fin o centro de saúde que necesita” unha vez chegue ao goberno galego.

“Hai que recuperar a atención primaria, devolver os pediatras aos 122 concellos galegos que non o teñen e reducir as listas de espera de especialistas. Hai moito que facer porque durante os últimos 15 años o único que fixeron é atender á sanidade privada e desatender a pública”, engadiu o candidato do PSdeG.

Por outra banda, reprochou ao PP que prometeran agora en campaña a ampliación do centro do instituto que levan tanto tempo postergando e cuestionou que sexa unha realidade de seguir Rueda no goberno o vindeiro 18 de febreiro.

FALLA DE CHAN INDUSTRIAL

Tamén apuntou á necesidade de ordenar os diferentes polígonos industriais que existen na comarca, así como de proporcionar máis chan industrial para ofrecer “novas oportunidades e non frear o crecemento económico desta comarca”. “A política industrial do PP é un desastre”, sinalou un Besteiro que lamenta que “estamos deixando pasar oportunidades e destruíndo empregos por culpa da inacción do PP”.

“A Xunta non planifica onde é necesario, e faino onde non o é”, apuntou Besteiro. En concreto, referiuse á necesaria planificación do Polígono da Ra en Cuntis, “que é un auténtico caos” e no que se xogan Fondos Europeos relacionados coa xeración de hidróxeno verde.

Así mesmo, tamén o necesario investimento da Xunta para levar o saneamento a moitas casas do interior. Besteiro criticou que “o PP financia o saneamento nos concellos que goberna o seu partido e discrimina aos do resto, como se houbera veciños de primeira e de segunda”. O candidato afirmou que “esta forma sectaria e caciquil de gobernar, rematou o próximo 18 de febreiro”.

“MÉTODO CALDAS”

Besteiro chamou a traballar por mobilizar aos votantes socialistas, “aqueles que se activan cando ven que hai unha oportunidade” para poder replicar “o método Caldas”, concello no cal os socialistas van cumprir 45 anos gobernando.

No encontro, ademais de Besteiro e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, Torrado tamén participaron as candidatas e candidatos, Elena Espinosa, Carlos López Font, Paloma Castro e Julio, así como o secretario provincial, David Regades, e diversos alcaldes e voceiros municipais da comarca e a provincia.

Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos