Besteiro destaca xunto a Pedro Sánchez que "Galicia será imparable" cos socialistas no goberno da Xunta e de España

Besteiro destaca xunto a Pedro Sánchez que "Galicia será imparable" cos socialistas no goberno da Xunta e de España

3/2/24

3/2/24

3/2/24

O candidato socialista á Presidencia da Xunta apunta que “a pesar de que fagan unha campaña no Entroido, nestes quince días ímoslle quitar a careta a Rueda”

Besteiro e Sánchez interveñen nun mitin ante máis de 1.200 persoas, onde o galego denunciou que “a provincia de Ourense é máis castigada polo Partido Popular en toda a democracia” e que os socialistas “imos ofrecerlle futuro”

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, sinala que “só hai unha papeleta para gobernar o cambio, esa é a do PSdeG e a de Besteiro”

San Cibrao das Viñas (Ourense), 3 de febreiro de 2024. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, interveu nun mitin na localidade ourensá de San Cibrao das Viñas ante máis de 1.200 persoas xunto ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao que dixo directamente que estando o galego na Presidencia da Xunta, e Sánchez na do goberno de España, “Galicia vai ser imparable”.

Besteiro e Sánchez ofreceron un mitin este sábado no que desbordaron o pavillón de Expourense, obrigando a poñer localidades extra no exterior, no que é o primeiro fin de semana de campaña das autonómicas. O candidato do PSdeG comezou o mitin apelando especialmente ás mulleres, porque entende que “a forza das mulleres van ser decisivas as mulleres nos van impulsar ao cambio en Galicia o 18 de febreiro”.

O candidato do PSdeG remarcou que nesta campaña van falar de “cohesión social con pensións e vivenda pública para a xente moza, porque sen cohesión social non hai verdadeira democracia, non hai exercicio dos nosos dereitos, precisamos iso e ambición de país.

“IMOS DARLLE UN FUTURO A OURENSE”

Besteiro denunciou que “a provincia de Ourense é máis castigada polo Partido Popular en toda a democracia”, porque por ela “non fan absolutamente nada e a empregan como campo de batalla das súas liortas internas”, apuntou. “Nós a Ourense, non imos a tratala nin de segunda nin campo de batalla, imos ofrecerlle futuro”, poñendo como exemplo que a provincia é agora “a porta de entrada da Alta Velocidade en Galicia”, co servizo do AVE, “non a de Baltar”, ironizou.

“Representa un antes e un despois de Ourense, e temos que aproveitar esa oportunidade, coa nosa receita, co traballo dirixido a revitalizar a economía, máis emprego da man das industrias, rescatando os servizos públicos, recuperando esa aposta pola atención primaria para que en menos de 48h teñas unha cita en atención primaria e dea resposta aos teus problemas médicos”, engadiu Besteiro.

“RUEDA, CANDIDATO AUSENTE”

Así mesmo, lamentou que Rueda é “o candidato ausente, escapado, ausente e desaparecido, non quere dar a cara. Ese é o problema do PP, que non quere dar a cara ante os problemas en Galicia”, remarcou Besteiro. Ante iso, puxo en valor que farán “unha campaña alegre en positivo, propositiva, a pesar de que fagan unha campaña en medio do entroido imos quitar a careta a Rueda nestas eleccións”.

Tamén fixo referencia a que Rueda, Feijóo e Rajoy estarán hoxe en Pontevedra, “creo que van ver os toros, pero advirto que despois do 18 de febreiro, van ver os toros, pero dende a barreira”, remarcou.

Besteiro destacou que nestes quince días de campaña “imos demostrar a nosa experiencia de goberno”, porque cre que “a xente vaille dar a responsabilidade de gobernar a quen saiba de que vai isto, quen ten ambición e non complexos, abrirnos a Galicia e a Europa. Non necesitamos unha illa de estabilidade onde non pase nada, necesitamos estar enchufados a España e Europa”, engadiu.

O candidato finalizou cunha arenga de cara á campaña, “imos mobilizarnos a tope e imos pedir o voto as 24h do día, porque o cambio é posible e se se produce, que estou convencido que si, vainos levar aos socialistas á Presidencia da Xunta. Ti e máis eu Pedro, aquí en Galicia, imos ser imparables”, concluíu.

“PIDO O VOTO POR BESTEIRO, UN PRESIDENTE QUE DA A CARA”

Pola súa banda, o presidente do Goberno de España e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, criticou a ausencia de Rueda no debate da cadena Ser e no vindeiro debate de TVE non acudiu ao debate da Ser e non vai acudir ao debate de RTVE. “Para liderar un país como Galicia, hai que merecelo, hai que traballalo, hai que dar a cara e render contas. Esta terra precisa líderes que dean a cara por Galicia, que rendan contas e respecten ao cidadán e cidadá”, engadiu Sánchez.

“Necesitamos líderes que dean a cara por Galicia e por iso pido o voto por José Ramón Gómez Besteiro, se todos e todas votamos, Galicia cambia”, apuntou un Sánchez que falou directamente ás “mulleres galegas”, ás que dixo que “hai moitas papeletas para o cambio, pero a papeleta do PSdeG é a única para gobernar o cambio”.

Tamén interviñeron no acto, a cabeza de lista do PSdeG pola provincia de Ourense, Carmen Rguez. Dacosta, o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia e nº 5 pola provincia de Ourense, Xurxo Doval, ambos naturais da cidade das Burgas. No acto, os socialistas galegos tamén presentaron o seu novo spot para a campaña baixo o lema de “Desta Vai”.


Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos