Besteiro fixa como reto do seu goberno que a industria acade o 20% do PIB galego no seu mandato
Besteiro fixa como reto do seu goberno que a industria acade o 20% do PIB galego no seu mandato
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta asegura que “o AVE a Portugal é irrenunciable e Rueda ten que escoller: ou o PP ou Galicia”
Besteiro reivindica as posibilidades de Galicia e aposta porque a Xunta deixe de ser un muro burocrático e se converta en facilitadora das inversións
Expuxo á CEG as súas políticas para impulsar a economía galega cun “plan claro e definido en cinco eixos: enerxía, industrialización, colaboración publico-privada, rede laboral e rede social”
Santiago de Compotela, 29 de xaneiro de 2024. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, expúxolle hoxe a Confederación de Empresarios de Galicia e o seu presidente, Juan Manuel Vieites, os eixos fundamentais do que será a súa política económica que, entre outros, pasa polo obxectivo de que a industria acade un peso do 20% do PIB galego no seu vindeiro mandato como presidente.
Besteiro explicou que as súas políticas para impulsar a economía galega e sacala do seu actual estancamento contan cun “plan claro e definido en cinco eixos: enerxía, industrialización, colaboración publico-privada, rede laboral e rede social”.
Na xuntanza, coincidiron na diagnose do enorme potencial do noso país para medrar na economía e xerar emprego de calidade, e lamentaron que os datos deste último período non inviten ao optimismo xa que demostran que Galicia non avanza ao ritmo que podería, nin medra coa mesma forza que a media española. Nese sentido conviñeron en que é esencial a análise das causas e a súa corrección, entre as que que destacan a ineficacia de Rueda para a execución dos fondos europeos, unha estrutura obsoleta da Xunta que é necesario modernizar e a excesiva burocratización e caos na normativa.
Besteiro apostou por “aproveitar ese novo marco comunitario e español para a reindustrializaicón, a modernización e a cohesión territorial vai pesar dunha forma definitiva e márcanos o obxectivo que é do de subir eses 5 puntos no PIB do peso industrial. Que creo que vai vir tamén do man do apoio desas iniciativas europeas, ese Plan de Recuperación, eses fondos de Europa -e do Estado, tamén- aproveitalos para que en Galicia aumente o peso industrial que creo que é no que todos estamos pola labor de traballar e sacar adiante. Un peso industrial nun marco no que vai a haber unha potencia enerxética para Galicia espectacular”
O principal problema que ten Galicia é a perda poboacional, polo que o obxectivo imprescindible pasa por crear, reter e atraer talento. Que a xente poida e queira vivir en na súa terra. Para isto Besteiro debullou os eixos da súa política económica, na que converxen as necesidades do sector público e privado. A Xunta de Galicia debe actuar de forma transversal en todos os aspectos para facilitar que persoas e empresas poidan asentarse e desenvolver os seus proxectos en Galicia.
AVE Vigo-Porto-Lisboa
O candidato do PSdeG tamén falou das infraestruturas, con especial fincapé na polémica sobre o AVE a Portugal, pola que o PP de Feijóo e Rueda nunca fixeron nada. Foi o actual Goberno de España presidido por Pedro Sánchez o que recuperou este proxecto que Besteiro considera “prioritario e irrenunciable” polo seu alto potencial demográfico e económico xa que case a metade dos movementos transfronteirizos (47%) se realizan a través do Miño. Fronte ás voces do goberno rexional de Madrid que propón que este enlace non se realice en pos da conexión de Lisboa con Madrid, Besteiro aposta pola conexión en alta velocidade entre Vigo-Porto-Lisboa, tanto para persoas como mercadorías, o que “multiplicaría exponencialmente o crecemento da eurorrexión e coincide cos obxectivos da UE para a descarbonización”.
Besteiro sinalou que “ tras varias reunións que mantiven cos empresarios estes días, é claro que a conexión sur do noso tren, que una con alta velocidade Vigo con Oporto e Lisboa é irrevocable. Contamos co apoio dos gobernos socialistas de España e Portugal e non é negociable”.
Reivindicou que “os socialistas traballamos moito para conseguir estes investimentos para Galicia, e non daremos un paso atrás fronte os intentos da presidenta da Comunidade de Madrid Isabel Díaz Ayuso e o seu correlixionario o alcade de Lisboa. Quero pensar que non hai cuestións partidistas neste punto esencial para Galicia e que o PP lle dirá a Ayuso que a conexión será a Atlántica”.
Todas estas actuacións son englobadas por Besteiro no “obxectivo de reindustrializar Galicia”, aproveitando as oportunidades da transición xusta, porque somos “unha potencia enerxética” e, de aproveitar as nosas oportunidades, “podemos recuperar o peso que Galicia merece dentro da industria española e europea”.
Relacionadas
Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"
Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"
Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”
Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”
Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio
Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio