Besteiro: “Imos cara a un goberno de progreso e iso non o pode parar ninguén”

Besteiro: “Imos cara a un goberno de progreso e iso non o pode parar ninguén”

14/2/24

14/2/24

14/2/24

O candidato socialista expón o seu modelo de país centrado na creación de emprego e reforzo dos servizos públicos no debate da RTVE ante un candidato do PP ausente

Remarca que só existen dous camiños, “catro anos máis de resignación, de recortes e mentiras” ou “catro anos de cambio, ilusión e de futuro”

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, adiantou no Debate organizado pola RTVE que en Galicia “imos cara un cambio cun goberno de progreso e iso non o pode parar ninguén”. Remarca que só existen dous camiños, “catro anos máis de resignación, de recortes e mentiras” ou “catro anos de cambio, ilusión e de futuro”

Besteiro expuxo o modelo de país que ofrece aos galegos e ás galegas, centrado na creación de emprego e reforzo dos servizos públicos no debate da televisión pública española, confrontando unicamente ideas coa candidata do BNG, Ana Pontón, ante a ausencia do actual presidente da Xunta e candidato do PP, Alfonso Rueda.

O socialista criticou a ausencia do aspirante da dereita xa que considera que “hoxe por hoxe non debater nunha campaña electoral é un comportamento profundamente antidemocrático”. “Falta o candidato ausente, o principal problema que ten este país, un goberno ausente, que se agocha, porque ou ben oculta algo ou non ten nada que dicir”, engadeu un Besteiro que se comprometeu a “ser un presidente que vou dar a cara ás duras e ás maduras”.

Besteiro sinalou que a “mellor medida de rexeneración democrática que dicir a verdade, non mentir á xente como fai o PP e Rueda”, en concreto criticou que o candidato do PP “mentiu cos pélets e agora está agochado pola mentira do PP e a amnistía”. Xa que Besteiro denunciou que os populares “mentres criticaban ao goberno de España e amnistía paquí e palá, estaban negociando a amnistía. Vergoña debería darlles”, engadeu.

No bloque de industria e enerxía, o candidato socialista evidenciou cal vai ser o seu modelo en canto a produción enerxética e política industrial. Puxo o foco en que “Galicia é un país que produce máis electricidade da que consume, o que é bo, o que non é bo é que ese excedente non se traduza en empregos”. Besteiro sinalou que quere unha Galicia con ambición para que haxa “máis carga de traballo nos asteleiros, máis carga de traballo en Stellantis, saír cara fóra e aproveitar as oportunidades”.

Defendeu “a reindustrialización da Galicia interior”, ligada especialmente a produción de produtos lácteos e madeireiros. “Seguimos producindo leite e importamos produtos, cortamos madeira e importamos mobles”, apuntou un Besteiro que tamén propuxo “recuperar terras improdutivas e montes comunais mal xestionados”, como eixos para frear o despoboamento.

Besteiro tamén puxo o foco na importancia de reorganizar a política sanitario, reordenando os recursos e mellorando as condicións laborais do persoal sanitario. Especialmente apuntou as súas propostas para establecer un máximo de atención en 48 horas na atención primaria e a duplicación do persoal especialista en saúde mental.

Os socialistas apostan por “unha educación 100% pública” para o que o seu candidato considera imprescindible recuperar a medida estrela de Pérez Touriño como a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio, o que suporía un aforro de arredor de 500€ por neno.

No relativo ao sector da pesca e o mundo do Mar, o socialista puxo en valor a posta pola rexeneración das rías, a promoción do consumo dos produtos galegos e a defensa dos intereses da frota galega, especialmente na Arxentina, onde está sendo ameazada polo goberno de Milei.

No campo da Dependencia, considera que “o que se traslada dende o PP é o xa o fará a muller na casa”. Por elo, entende que “o PP non fai residencias públicas para redirixir á xente ás residencias privadas que ninguén pode pagar”. Lembrou a súa experiencia a Presidencia da Deputación de Lugo co impulso de residencias públicas, próximas aos fogares e con prezos “xustos”.

Besteiro tamén apostou por impulsar o galego, remarcando que “temos que loitar contra a perda de uso do noso idioma e facelo de forma tolerante”, poñendo como exemplo a aprobación no Congreso da posibilidade de falar en galego, co voto en contra do PP. Expuxo que a defensa da lingua galega “é a nosa responsabilidade”, sendo a mesma “a nosa expresión de arte dun pobo, é o noso patrimonio e temos que coidala e impulsala”.


Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos