Besteiro: “O PP non nos vai quitar o AVE de Oporto a Vigo”
Besteiro: “O PP non nos vai quitar o AVE de Oporto a Vigo”
O candidato á Presidencia da Xunta pide a Rueda que se posicione fronte a aposta do Partido Popular en Madrid que defende a liña entre a capital de España e Lisboa
Anuncia a visita inminente da ministra Ribera a Vigo para solucionar definitivamente os problemas da planta de Stellantis, a maior canto a produción de vehículos
Besteiro tivo tamén un recordo para os médicos e médicas de Urxencias que hoxe se manifestaron en defensa da Sanidade Pública galega
Vigo, 29 de xaneiro de 2024.- O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Vigo que “o PP non nos vai quitar o AVE entre Oporto e Vigo” e pide a Rueda que se posicione fronte a aposta do Partido Popular en Madrid que defende a liña entre a capital de España e Lisboa.
Besteiro subliñou que “vimos de loitar, como sabe perfectamente o alcalde, para defender esa liña de alta velocidade de conexión Lisboa-Oporto-Vigo para que ninguén nola quite” e apuntou que conta co apoios dos Gobernos socialistas de Portugal e de España, co apoio dos socialistas galegos e co impulso da Alcaldía de Vigo e que “vai ser unha realidade en abril, cando a Unión Europea a recoñeza como rede transeuropea”.
Lamentou que “outros do Partido Popular, como Feijóo e Ayuso, pretenden priorizar a vía vía de Lisboa-Madrid” e neste sentido, pedíulle a Rueda que se posicionara “ou o PP ou Galicia”, repetiu.
Besteiro dixo que “aos socialistas o que nos preocupa e nos ocupa é traer inversións, traer proxectos e, sobre todo, apartar a aqueles que intentan torpedear eses proxectos porque esta parte do territorio é fundamental. Eu sempre o digo e o recoñezo por toda Galicia: os retos de Vigo son tamén os retos de Galicia, de toda Galicia, e polo tanto non imos renunciar a ningún deses grandes proxectos”.
O candidato do PSdeG anunciou a visita inminente a Vigo da vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para unha noticia tamén extraordinaria pola que tamén traballaron moitísimo os socialistas e, especialmente, o alcalde de Vigo: o proxecto de moi alta tensión para Stellantis, que a converterá nunha planta aínda máis productiva e eficiente.
Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou de noticias extraordinarias estes proxectos “porque para esta cidade o mellor que pode pasar é Pedro Sánchez gobernando España dende Madrid, Besteiro gobernando Galicia dende Santiago e nós gobernando Vigo. Nese momento a esta cidade non hai quen a pare”
Besteiro tivo tamén unha mensaxe de apoio a todos os médicos e médicas de Urxencias que hoxe se manifestaron en toda Galicia para defender esa Sanidade Pública, “sobre todo para facelo nunhas condicións dignas, sen colapsos, sen malas planificacións… En definitiva unha Sanidade pública de calidade e con recursos como estamos a defender os socialistas”.
Relacionadas
Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"
Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"
Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”
Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”
Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio
Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio