Besteiro promete "non fallarlle a Lugo" e reafirma a súa aposta pola reindustrialización da cidade

Besteiro promete "non fallarlle a Lugo" e reafirma a súa aposta pola reindustrialización da cidade

6/2/24

6/2/24

6/2/24

Aposta por “máis emprego, máis dereitos e mellores salarios” para reverter quince anos de anquilosamento “dun PP que como demostrou no debate xa non ten nada que ofrecer”

 

“En Lugo temos o claro exemplo do desleixo de Rueda e Feijóo pois, sen ter as competencias de emprego e industria, é o Concello o que ten que articular estas políticas”, explicou

 

Seguirá impulsando co Goberno central as autovías a Lugo e as grandes infraestruturas ferroviarias coa modernización do trazado da liña Lugo-Monforte-Ourense

 

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, prometeu “non fallarlle a Lugo” cando lidere o próximo Goberno de Galicia, ao tempo que reafirmou o seu compromiso por reindustrializar a cidade a través dun ambicioso proxecto económico que tamén contribúa a facer de Galicia unha “locomotora” e permita superar o papel de “furgón de cola” no que a ten sumido quince anos sen política industrial na Xunta. Así, afirmou que “o proxecto socialista aposta por “máis emprego, máis dereitos e mellores salarios” para reverter quince anos de anquilosamento dun PP que “como se demostrou no debate de onte xa non ten nada que ofrecerlle á cidadanía”.

 

Así llo trasladou a máis de 80 empresarios e emprendedores de Lugo nun almorzo no que destacou a “ambición de país do PSdeG” e a “necesidade de fortalecer as relacións co Goberno central para atraer investimento á provincia fronte un Rueda que se dedica a confrontar e pór paus nas rodas”.

 

No encontro, que contou coa participación da número dous pola provincia, Lara Méndez, constatouse que Xunta do PP carece dunha estratexia para impulsar empresas ou apoiar o emprendemento. “En Lugo temos o claro exemplo do desleixo de Rueda e Feijóo onde, sen ter as competencias de emprego, formación e industria, é o Concello o que ten que articular estas políticas só con recursos propios desde hai anos”, dixo o candidato socialista.

 

Besteiro fixo fincapé no seu compromiso de impulsar  proxecto económico e industrial “que reverta quince anos de tempo perdido pola desidia do PP”, dirixido a crear un ecosistema económico conformado pola enerxía, a rede laboral e un tecido empresarial forte no que a administración exerza como “garante” e “nunca como obstáculo ou rémora”.

Discriminación da Xunta


O Concello de Lugo activou en solitario e sen apoio autonómico un plan postpandemia que favoreceu a recuperación económica da cidade. Así mesmo, puxo en marcha múltiples medidas pioneiras  que non contaron co apoio da Xunta de Galicia a pesar de terllo solicitado, o que para Besteiro constitúe “unha mostra da discriminación a Lugo dos gobernos de Feijóo e Rueda”.

 

Propostas para Lugo


O candidato socialista comprometeuse co sector da construción sostible para que Lugo sexa o referente en España. Tamén avanzou o seu apoio ao Fondo Lugo Transforma para seguir atraendo empresas ao municipio e adiantou que se retomará a Mesa pola Diversificación Industrial coa que atraer talento e servizos de alto valor engadido baseados na bioeconomía.

 

Mellorará as infraestruturas dos polígonos industriais do Ceao e das Gándaras, incluídas as súas conexións. Desbloqueará a praia fluvial e o Museo da Romanización no Cuartel De San Fernando, o que ampliará a oferta turística da cidade. E seguirá impulsando co Goberno central as autovías a Lugo e as grandes infraestruturas ferroviarias coa modernización do trazado da liña ferroviaria Lugo-Monforte-Ourense, que permitirá achegar a alta velocidade a Lugo.

 

Besteiro explicou que “Lugo é a demostración de que son os Concellos liderados polos socialistas -e sen apoio da Xunta- os que están a transformar as cidades porque son os únicos que teñen as ideas claras cara onde camiña o seu futuro”. “Se a Xunta en vez de frear”, engadiu, “se suma e aporta, e toma a iniciativa nas materias que son da súa competencia os e as lucenses, e os e as galegas terían sen dúbida, un futuro mellor”.

 

Porén, comprometeuse a liderar un Goberno a partir do día 18 “no que a Xunta será unha aliada dos Concellos e das cidades, traballando man a man co Goberno central  para que Galicia creza a un maior ritmo e poida, ademais, aproveitar mellor os fondos europeos que están a transformar o noso país”.

Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos