Besteiro propón fixar por lei a obriga de participar nos debates dos medios públicos "por respecto á cidadanía e como mostra de saúde democrática"

Besteiro propón fixar por lei a obriga de participar nos debates dos medios públicos "por respecto á cidadanía e como mostra de saúde democrática"

14/2/24

14/2/24

14/2/24

O candidato do Partido Socialista á Presidencia da Xunta sinala que “Galicia non merece un presidente que fuxe dos debates electorais”, ante a ausencia de Rueda do debate de TVE de hoxe

Besteiro conclúe que "Rueda non dá a cara para non responder ante tanta mentira do Partido Popular”, que acumula 8 denuncias e 2 sancións directas contra o seu candidato

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, fixará por Lei a obriga de participar nos debates dos medios públicos “por respecto á cidadanía e como mostra de saúde democrática”. Besteiro anunciou unha proposta para reformar a Lei de Eleccións ao Parlamento de Galicia que garanta a celebración de debates electorais.

O candidato socialista dixo que “Galicia non merece un presidente que fuxe dos debates electorais”, en alusión á nova espantada de Rueda do de RTVE que se celebrará hoxe, porque “Galicia ten dereito a contrastar as opcións políticas, é un exercicio de democracia”, remachou.

Dixo que “os galegos e as galegas merecen que rematemos con esta burla á democracia”, como cualificou ao feito de que “un dos aspirantes a presidir o goberno galego permaneza agochado, sen dar a cara e poñendo escusas de mal pagador” para eludir a súa obriga de comparecer e contrastar o proxecto de goberno.

Explicou que os debates electorais son “unha oportunidade insubstituíble para que a cidadanía poida coñecer e comparar as diferentes opcións políticas”, e por iso, engadiu, a Lei de Eleccións ao Parlamento de Galicia debe fixar a obriga de concorrer a estes encontros nos medios públicos de comunicación.

Esixiulle ao candidato do PP que asuma a obriga democrática de comparecer en debates electorais nos medios públicos entre as forzas políticas con representación parlamentaria e en igualdade de condicións. Propuxo que Galicia siga o camiño xa marcado por comunidades autónomas como o País Vasco, Murcia ou Castela e León, que xa recoñecen por Lei os debates electorais.

Gómez Besteiro esixiulle ao candidato do PP que “dea a cara” para contrastar as propostas de goberno nas materias que lles interesan aos galegos e galegas, como son a sanidade e a educación públicas, os dereitos sociais o emprego ou o proxecto económico.

Rueda indigno

Gómez Besteiro advertiu que no debate desta noite a cidadanía de Galicia coñecerá os proxectos dos socialistas galegos mentres o PP mantén ao seu candidato “agochado” para non dar a cara e ter que responder ante tanta mentira do Partido Popular".

O candidato socialista sinalou neste sentido que “ao fin, quen non comparece para contrastar o seu proxecto estase amosando como indigno para dirixir ao país”.

Así o dixo horas antes de participar no debate electoral organizado por RTVE ao que o candidato do PP negouse a comparecer nunha decisión “impropia de quen aspira a dirixir o goberno galego durante os próximos catro anos”. Gómez Besteiro lembrou que os galegos e galegas son “unha cidadanía madura, que ten o dereito de contrastar as opcións políticas nun proceso tan relevante como son unhas eleccións autonómicas”.

Trampas e propaganda irregular

O PSdeG esixiulle hoxe a Rueda menos trampas e propaganda irregular por parte dun candidato que acumula 8 denuncias electorais aceptadas na Xunta Electoral por saltarse a Lei electoral, incluíndo dúas con incoación de sancións directas ao propio Rueda.


Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos