Besteiro subliña que o hidroducto Guitiriz Zamora é clave no seu proxecto para reindustrializar Galicia

Besteiro subliña que o hidroducto Guitiriz Zamora é clave no seu proxecto para reindustrializar Galicia

7/2/24

7/2/24

7/2/24

O candidato socialista á Xunta mantivo na vila chairega xunto ao Secretario Xeral do PSdeG na provincia un encontro coa militancia da comarca e de Lugo

José Ramón Gómez Besteiro reafirmou o seu compromiso e o do Goberno do Estado con esta infraestrutura estratéxica para crear riqueza e emprego aproveitando o potencial enerxético de Galicia

José Tomé remarcou que, apostas como a do hidroducto Guitiriz-Zamora, demostran que Besteiro “trouxo máis obras e investimentos a Galicia en tres meses que o Partido Popular en quince anos”

Guitiriz (Lugo), 7 de febreiro de 2024.- O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou este mércores en Guitiriz a súa aposta pola incorporación de Galicia á rede europea de hidróxeno coa construción do hidroducto a Zamora como “clave” no proxecto que desenvolverá á fronte do Goberno galego para reindustrializar o país aproveitando o seu potencial enerxético.

Fíxoo nun encontro que mantivo hoxe na vila chairega xunto ao Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, a Alcaldesa guitiricense e Deputada provincial Marisol Morandeira, e membros da candidatura socialista ás eleccións autonómicas, con rexedores, voceiros municipais e militancia das comarcas da Chaira e de Lugo.

Fronte a un Rueda “resignado e ausente, que non ten ningún balance positivo do pasado nin ningún proxecto de futuro para o noso país, e que respecta tan pouco aos galegos e galegas que se esconde dos debates, eu serei un Presidente da Xunta con iniciativa, con ambición de país, para atraer investimentos e aproveitar todas as oportunidades que temos en Galicia apostando por infraestruturas estratéxicas como o hidroducto Guitiriz-Zamora”, subliñou Besteiro.

Está xa na planificación

O candidato socialista á Xunta reafirmou o seu compromiso e o do Goberno do Estado co corredor de hidróxeno verde, que, de feito, o operador do sistema, Enagás, ten na súa planificación. “Os socialistas somos os únicos que podemos garantir investimentos coma este porque estamos aliñados co Goberno de España nos compromisos e nos obxectivos, e temos a influencia e a interlocución precisa para conseguilos”.

Trátase dunha infraestrutura “que nos permitirá activar Galicia como territorio enerxético en Europa, capaz de producir e exportar un combustible de futuro que non emite CO2 e que contribúe á soberanía sostible enerxética do proxecto europeo, que facilita ao sector produtivo galego unha enorme ferramenta de competitividade e que ofrece á mocidade e á ciencia galega enormes posibilidades”. “Unha gran oportunidade económica, enerxética, industrial, social e ambiental”, que creará “riqueza e emprego” e “nos impulsará como referente en innovación”, asegurou José Ramón Gómez Besteiro.

Pola súa banda, o Secretario Xeral do PSdeG na provincia e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, remarcou que, apostas como a conexión á rede europea de hidróxeno coa construción do hidroducto Guitiriz-Zamora, como tamén o novo nó de transición enerxética xusta de España para As Pontes e Cerceda, a nova carga de traballo para Navantia Ferrol ou a rede de moi alta tensión para Stellantis, poñen de manifesto que Besteiro “trouxo máis obras e investimentos a Galicia en tres meses que o Partido Popular en quince anos”.


Relacionadas

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro reafirma o seu "compromiso inquebrantable co país" e coa "política útil traballando por unha Galicia mellor"

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro chama a concentrar o voto no PSdeG, “a única garantía de cambio seguro”

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Besteiro comprométese a rematar coa Galicia de dúas velocidades e aposta por un país coas mesmas oportunidades en todo o territorio

Síguenos

Síguenos

Síguenos